Declaracións de Rosendo Fernández vicepresidente da Diputación

O vicepresidente da Diputación Rosendo Fernández comentou distintos aspectos da actualidade da Diputación

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a decana-presidenta do Colexio de Economistas de Ourense, María del Carmen Sampayo, acordaron subscribir un convenio de colaboración entre ambas as entidades que permite poñer en marcha un plan de acción para asesorar a veciños e empresas afectados pola crise do COVID-19. O convenio permite “poñer ao dispor da cidadanía destes concellos un servizo de asesoramento fiscal, laboral e financeiro destinado a particulares, comerciantes, pequenos ou medianos empresarios ou profesionais que visen a súa economía danada pola crise de coronavirus.
A vixencia deste servizo -que conta co apoio económico da Deputación de Ourense- esténdese inicialmente ata o próximo 31 de xullo, podendo ser prorrogado.
As persoas interesadas en solicitar este servizo poderán facelo por medio do correo electrónico: colourense@economistas.org,.
A Deputación de Ourense reparte desde o pasado xoves un total de 3.500 libros entre 138 residencias de maiores e centros hospitalarios da provincia de Ourense. A medida, que inclúe publicacións referidas á provincia de Ourense, está a ter unha excelente acollida e está impulsada co obxectivo “de fomentar a lectura e contribuír ao lecer neste tempo de confinamento”, afirma.
Esta oferta cultural gratuíta vai desde catálogos de exposicións a novelas, pasando por obras de divulgación científica, cultural, etnográfica, patrimonial e histórica da provincia de Ourense, ademais das publicacións premiadas nas diferentes edicións dos premios de literatura infantil e xuvenil “Pura e Doura Vázquez” e música da cantante María do Ceo.
Cada lote está integrado por unha vintena de libros e 2 CDs. Entre vos centros mais proximos onde se repartiron están as residencias de maiores O Carballiño, Maside, Beariz, Melón, San Cristovo de Cea, Avión, Carballeda de Avia, San Amaro, Leiro, O Irixo, Boborás, Amoeiro, Castrelo de Miño.