Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.

A AUGA, ESE BEN ESCASO E MOI VALIOSO

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade Politécnica de Madrid.

AVANTAR ACTIVIDADES

Curriculum de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo, pola Universidade  Politécnica de Madrid, na Especialidade de Economía Agraria. Consultor  medioambiental especialista en ecoloxía aplicada e en servizos  ecosistémicos.

Nas pasadas semanas establecía unha serie de consideracións sobre cuestións referidas á calidade da nosa atmosfera e á xestión da auga. Nesta ocación centrareime noutro aspecto clásico do medio ambiente, en concreto, falarei da conservación da biodiversidade (das infraestruturas verdes).

Para abordar este tema comezarei lembrando un vello slogan turístico que pretendía chamar a atención sobre a importancia dos valores naturais da nosa comarca: “CARBALLIÑO, PORTA ABERTA A NATUREZA”. Para levar a cabo a análise destes valores diferenciarei dous tipos de infraestruturas verdes: as maioritariamente presentes no rural e as que se atopan no urbano.

Infraestruturas verdes presentes no rural

O monte tradicional galego distaba moito de ser un terreo inculto e con escasa intervención humana, se non que era unha auténtica prolongación das terras labradas. Deste xeito, o monte xogaba un papel polivalente proporcionando estrume para abono, procedente da roza do toxo, e con posteridade dando cabida ao pastoreo por parte do gando.

Os biótopos actualmente presentes no noso rural son o resultado do abandono do monte tradicional, fenómeno que se produce de maneira paralela ao desdeixado dunha parte importante das terras labradas, así como á perda constante e continua de poboación do rural.

Esta transformación supuxo a perda de hábitats seminaturais de elevado valor ecolóxico e cultural, que estaban ligados á actividade humana e que presentaban alta diversidade vexetal e animal. Tamén deu lugar a unha diminución na calidade da paisaxe ao minguar a diversidade e aumentar a monotonía en detrimento do “efecto mosaico da paisaxe”.

A pesar de sufrir ese proceso de degradación, determinadas áreas do noso Concello foron consideradas hábitats naturais de interese comunitario (HICs) porque atópanse ameazados de desaparición, ou ben presentan unha área reducida por mor da súa regresión, ou ben constitúen exemplos representativos das regiones biogeográficas da Unión Europea, é dicir, polo seu valor de conservación (ver figura adxunta).

Neste contexto, a principal ferramenta que teñen os concellos para intervir na ordenación do seu territorio é a planificación urbanística. A regra básica básica do urbanismo, para conservar e fomentar os valores naturais, é que a protección do chan debe estar supeditada ás características intrínsecas do territorio, independentemente do seu potencial aproveitamento derivado de consideracións urbanísticas.

De maneira especial, débese potenciar a conservación dos ámbitos de maior valor natural e dos corredores ecolóxicos, utilizando a regulación do chan non urbanizable. Neste sentido, a planificación urbanística do chan non urbanizable debería desenvolver unha regulación para cada un destes espazos que inclúa a súa delimitación, unha zonificación diferenciada de cada espazo, en función do valor ecolóxico de cada parte deste, e, finalmente, unha regulación de usos e actividades para cada zona. É dicir, unha regulación semellante á que se fai para rexer o chan urbanizable.

Infraestruturas verdes presentes no urbano

O Parque Municipal, “zona de recreo, pola súa beleza, tranquilidade y salubridade”, como o describían Xosé Luís Diz R. e Carlos A. Rodríguez. C. no seu Guía da Vila e Comarca do ano 1.982, é un dos espazos públicos máis emblemáticos do municipio, non só polos seus valores naturais e prestación de servizos de lecer, se non tamén por albergar no seu interior o marco espacial no que se celebran importantes festexos de interese turístico e cultural.

Dada a transcendencia deste espazo, con relación ao resto do solo urbano, entendo que se lle debe dar un tratamento específico que recolla a súa particular singularidade. Deste xeito, os diferentes grupos políticos deberían posicionarse sobre as súas propostas para este espazo, desenvolvendo polo menos tres liñas básicas de actuación:

  • por un lado, os servizos que propoñen relacionados co tempo libre o lecer ou os aspectos máis xerais da cultura,
  • doutra banda, as actuacións previstas para potenciar a biodiversidade e os procesos naturais deste ecosistema,
  • así mesmo, as medidas para facilitar o xunguimento co centro urbano e a accesibilidade peonil segura e confortábel dos carballiñeses.

Dentro do ámbito urbano outro espazo de especial valor ambiental é o corredor ecolóxico que conforma o Regato do Carrás. Tendo en conta a súa importante función biolóxica esta área debería ter un especial tratamento que conduza a potenciar á conservación dos seus valores naturais (lembremos que una parte é un HIC).

Noutra orde de cousas, tamén cabería considerar que os plans urbanísticos aprobados ata a data no Carballiño caracterízanse polo seu deseño altamente especulativo, o que deu lugar á carencia de espazos públicos verdes. Ademáis, nos poucos espazos públicos existentes predomina case exclusivamente o granito e o asfalto, están “embaldosados ata o teito”.

Con todo, a pesar da moi escasa presenza de valores naturais do centro urbano, existe un tipo de fauna moi adaptada á convivencia co home, pero que cada vez está menos presente nas nosas rúas e prazas, xa case non se ven nin gorrións. Iso é debido a que os expulsamos, especialmente pola escaseza de zonas verdes, polas desfavorables condicións ambientais  (polución, ruído,…) ou pola falla de buratos nas paredes e tellados dos edificios nos que aniñar. Para recuperar a fauna urbana e escoitar cantar aos paxaros, é necesario facilitar que teñan lugares apropiados de alimentación, refuxio e cría.

Non se debe esquecer que para conseguir un pobo saudábel, con lugares estanciais apropiados para o lecer, o descanso e a convivencia, a presenza de vexetación e de fauna é fundamental para acadar a sensación de acougo e de cofortabilidade que require unha boa calidade de vida. Por iso, os grupos políticos deben asumir que é unha obrigación que “CARBALLIÑO PORTA ABERTA A NATUREZA” non sexa un slogan afastado da realidade. É urxente dotar ás nosas rúas e prazas de infraestruturas verdes.



Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (III): Sen contaminación lumínica nin electromagnética

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro

Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial

Las alternativas para la ampliación del polígono industrial

La ampliación del polígono industrial en información pública

Ahorro de energía en el alumbrado público

Ahorro energético en comunidades de vecinos

Sequía y agua de boca

El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud

Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas

Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable

Carballiño: Puerto seco de Galicia

Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial

La ampliación del Polígono y el Paisaje

La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico

La ampliación del polígono y el patrimonio natural

Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial

El poligono industrial de Maside

Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (6) Gañar funcionalidade na “Avenida”.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (7) Achegar o parque ao centro urbano