A Xunta advirte impacto negativo da supresión dos servicios ferroviarios durante o estado de alarma

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, participa a través de videoconferencia, na Conferencia Nacional de Transportes. Na sala de xuntas da Consellería (1º andar). Os gráficos poderán tomar imaxes ao inicio da reunión.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta advertiu hoxe ó Ministerio de Transportes do forte impacto negativo que está tendo na poboación e na economía de Galicia a prolongación no tempo da supresión dos servizos ferroviarios anulados durante o estado de alarma.

A conselleira, Ethel Vázquez, trasladou que o déficit en infraestructuras e servizos de tren en Galicia estase vendo progresivamente agravado, algo que merma a competitividade do territorio e impide a miles de ciudadanos o exercicio efectivo do seu dereito á mobilidade, unha idea na que tamén incidiron comunidades como Aragón, Andalucía, Extremadura ou Castela e León.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Destacou que as razóns da baixa demanda que ven alegando Renfe para manter a supresión dos servizos “non poden ser aceptadas dende Galicia” e apostou por aportar transparencia ós deberes do servizo público e que sirven para fixar as tarifas dos billetes e das frecuencias dos servizos.

Ethe Vázquez remarcou que Galicia atópase moi agraviada pola situación da AP-9, que debe ser abordada á marxe da elaboración da Estratexia e da Lei de Mobilidade estatal. Indicou que no caso de formularse un novo sistema de financiación da conservación de carreteras, este debe incluir as autopistas de peaxes e non pode supor que a periferia sexa aínda máis periferia e, polo tanto, menos competitiva.