A xerente do Inorde Emma González aborda o desenvolvemento económico e social sostible de Ourense nunha conferencia organizada por UMEGAL

cof

A xerente do Inorde, Emma González, participou hoxe vía telemática, nunha conferencia-coloquio organizada pola Unión Mexicana de Empresarios Gallegos (UMEGAL), a que foron convidadas outras asociacións empresariais de galegos no exterior. Na súa conferencia, chamada “Ourense, dando pasos sólidos cara o desenvolvemento económico e social sostible” destacou as potencialidades do territorio que poderían ser tractoras de posibles investimentos.

Esa folla de ruta do Inorde está orientada a traballar en dous eixos fundamentais: o sector primario e o turístico. “En calquera destes casos hai unhas liñas comúns que son necesarias, porque é o rumbo que nos marca Europa, pero a súa vez van a converterse en instrumentos e ferramentas que nos van a asegurar a nosa competitividade”, explicou Emma González. Eses aspectos comúns que sinala a xerente do Inorde refírense a afrontar o cambio climático, a transformación competitiva destes sectores estratéxicos, a transición ecolóxica, a dixitalización e fomentar a economía circular.

No caso do ámbito turístico “atopámonos nun momento crucial, coa chegada do tren de Alta Velocidade e a implantación do Plan de Destino Turístico Intelixente chamado “Hay un Ourense para ti. Descúbrelo”, que coa axeitada planificación estratéxica nos permitirá dar un salto cualitativo”, salientou Emma González.

Publicidade Premer na Imaxe

A pandemia que estamos a padecer fixo mudar as demandas e o comportamento dos mercados e Ourense pódese “converter nun destino moi interesante como un territorio seguro, que non está masificado e no que se pode gozar dos nosos recursos naturais”, dixo a xerente do Inorde. Polo tanto, os sectores primario e turístico poden ser “interesantes para futuros investimentos e como estamos a falar con empresarios que, se ven están afincados en diferentes países do mundo, teñen as súas raíces aquí en Galicia e en Ourense, é importante propoñer diferentes liñas de actuación que a eles lles poidan interesar desde ese punto de vista no futuro”, engadiu Emma González.