A Corporación apoia que a Semana Santa do Carballiño sexa declarada ‘de interese turístico galego’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O expediente aberto para solicitar da Xunta de Galicia a declaración ‘de interese turístico de Galicia’ para a Semana Santa do Carballiño contou co apoio maioritario da Corporación municipal, na sesión plenaria celebrada na mañá de hoxe baixo a presidencia do tenente de alcalde, José Castro-Gil, do PP, en ausencia do rexedor socialista Francisco Fumega. Este acordo só contou coas críticas da voceira do BNG, Sofía García, que se abstivo ao entender que o Concello debía manterse nun postura laica ao abeiro da Constitución vixente, mentres tanto o voceiro do PSOE, Diego Fernández, coma o propio Castro-Gil loubaron a programación que deseña a Cofradía de La Veracruz para os actos da Semana Santa, “que atrae a moita xente ao Carballiño”. O edil socialista e tamén responsable de Cultura xustificou o tratamento deste expediente, “xa que a declaración de interese turístico suporá un salto cualitativo para a promoción do programa cultural, litúrxico e incluso gastronómico da nosa Semana Santa”.

Os grupos municipais de Espazo Común e BNG abstivéronse na corrección de erros do expediente de irmandamento coa localidade italiana de Noventa Padovana e na aprobación de facturas correspondentes ao ano 2023 e que foron presentadas fóra de prazo no rexistro do Concello. Os dous puntos aprobáronse cos votos de PSOE e PP. A Corporación amosou a súa postura unánime na proposta nacionalista para dotar de máis recursos a loita contra a violencia machista e, tamén, nunha moción de Espazo Común na que se demanda a construcción de beirarrúas na estrada de Partovia. Unhas obras que, según indicou José Castro-Gil, serán motivo dunha xuntanza solicitada á Xunta, ao igual que a ampliación das beirarrúas cara o pavillón polideportivo, piscinas, urbanización Maneiro e Parque Etnográfico. Pola súa banda, a concelleira de Servizos Sociais, Silvia Baranda, advertíu da necesidade de dotar dun psicólogo infantil ao Centro de Información á Muller (CIM) para mellorar a atención ás familias que son vítima de violencia de xénero.

Finalmente, Espazo Común retirou da orde do día unha proposta para a ampliación da área de lecer sobre o túnel ferroviario de Catro Camiños. O seu voceiro, Manuel Vázquez, manifestou o seu desagrado pola non comunicación, por parte do goberno municipal, dos pertinentes expedientes e informes técnicos que existen sobre este antigo proxecto. A moción será debatida na vindeira sesión plenaria.