O pleno da corporación debatirá mañá sobre Sogama e o servizo de recadación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Corporación municipal do Carballiño reunirase mañá na sesión ordinaria correspondente ao mes de setembro, cun total de 16 puntos na orde do día, sendo a meirande parte deles expedientes de ordenanzas fiscais e de modificación de créditos. Asemade, debatiranse dúas mocións do grupo Espazo Común, unha relativa a solicitar o traspaso á Deputación provincial do servizo de recadación e outra na que se demanda unha axuda de 100 euros a tódalas familias para mercar material escolar.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A concelleira de Espazo Común, Érika Paz, criticou a distribución das axudas realizada polo Concello o curso pasado.

A concelleira de Espazo Común, Érika Paz, tamén suliñou irregularidades na tramitación dos recibos da recadación.

Por outra banda, o Bloque Nacionalista Galego trasladará ao pleno de mañá unha proposta na que se rexeita a suba do canon que deberá pagar o Concello a Sogama.