Marina Ortega do Psdeg esixe o incremento do orzamento para mellorar a calidade das residencias de maiores

IES CHAMOSO LAMAS

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, presentou hoxe no Parlamento o informe do Fiscal Superior de Galicia alertando da necesidade urxente de incrementar o presuposto público para mellorar a calidade nas residencias de maiores de Galicia. Ortega presentou unha interpelación no Pleno do Parlamento diante da falla de datos de contaxios e falecementos por covid nestes centros e información sobre o suposto novo modelo de residencias.

A responsable socialista esgrimiu o dito informe, unha auténtica “emenda á totalidade” do modelo de recortes e privatización das residencias públicas galegas xunto co informe do Cosnello de Contas de 2017. O ente fiscalizador alertou da escandalosa diminución das inspeccións dos centros de maiores dende 2010, coincidindo cun “esaxerado incremento de prazas privadas” con respecto á media estatal.

HIPER MASIDE

A pesares dos informes demoledores dos dous entes, o goberno galego continúa permitindo que Galicia sexa a segunda autonomía con menos técnicos de inspección para supervisar as condicións nun modelo de residencias privatizado. O propio Consello de Contas reclamaba tamén máis prazas públicas, persoal e medios suficientes para garantir unha praza en menos de 6 menos e nunca máis de 400 días de espera, que foron obviadas polo goberno galego.

Denuncia que os datos de contaxios ou falecementos nas residencias de maiores “desapareceron da web oficial da Xunta dende hai máis de 5 meses sen motivo aparente”. Sinalou que logo da pandemia, cando as residencias se converteron en “zona cero” da covid, “teñen o deber moral de facer unha política responsable”, e en lugar diso “tiveron a indecencia de mentir ao incluír aos centros de discapacidade dentro da porcentaxe de residencias de maiores libres de virus”.

Puntualiza que este escurantismo “terá que ver con que os datos foron variando ao longo do tempo, pero xustamente nos meses das residencias, omitidos aos galegos e galegas pero coñecidos grazas ao Ministerio, “amosan como os datos covid aumentan xustamente nos meses nos que o goberno galego deixa de emitir información”.

Mentres, o goberno galego anuncia reiteradamente un novo modelo de residencias que segundo o presidente da Xunta “chegará nas vindeiras semanas, pero non se apuren, que non dixo de cantas semanas estaba a falar”.

Robots

Denunciou que mentres o goberno galego agocha os datos da covid nas residencias, mantén a inspección baixo mínimos e continúa a agochar o seu suposto novo modelo, anuncian que “a Xunta ensaiará o uso de robots para coidar maiores nas residencias”, como foi publicado nos medios de comunicación hai dúas semanas.

Sinalou que esta proposta segue a estela de Castela e León, onde presumen de “Copito, o robot intelixente xaponés de coida anciáns”, unha idea que Ortega cualificou limitándose a lembrar a opinión da Federación Galega de familiares de persoas maiores que viven en residencias e sinalar que estas propostas “rozan o delirio”.