Espazo Común pide a transferencia urxente do servizo de recadación á Deputación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende Espazo Común, levamos xa anos denunciando a insostible situación do servizo municipal de recadación.

O bo funcionamento deste é absolutamente fundamental para contar cun Concello optimizado e que sexa xusto con tódolos cidadáns xa que  repercute de xeito moi directo en todos e cada un deles.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Sen embargo e para non diferenciarse da tónica xeral da xestión municipal, o seu desenvolvemento só se pode cualificiar de desastroso.

Así, hai xente que paga e xente que non; a algúns prescríbenselle débedas e a outros non; a algúns dánselle facilidades e a outros non. En sucesivos decretos asinados polo alcalde a proposta da empresa que xestiona a recadación vimos como se anulaban débedas por prescripción ao non poder notificarllas a ¡NEGOCIOS ABERTOS AO PÚBLICO¡. Esto é unha tomadura de pelo absoluta e un agravio inmenso para todos aqueles que pagan relixiosamente os seus impostos.

A mencionada empresa leva dous anos e medio en precario pero o señor Fumega semella estar moi cómodo coa situación actual, contando cunha oficiña de favores particulares dende a cal facer cacicadas ao seu antoxo.

Sobre o pésimo funcionamento non o opinamos só nos, os informe ao respecto do interventor municipal e dos últimos funcionarios que ocuparon o posto de tesourería son demoledores.

Nun dos últimos se informaba sobre unha máis ca posible perda millonaria para o Concello por erros na notificación cometidos pola empresa actual, extremo que, por suposto, non quedou aclarado durante o debate da moción presentada por Espazo Común hai uns meses. O da transparencia merece un capítulo aparte.

Tampouco constan os obrigatorios informes anuais que a empresa ten que remitir ao Concello do 2019, 2020, 2021, 2022 e 2023.

Non cómpre engadir moito máis para xustificar o desastroso da situación dun área tan fundamental en calquer administración.

É por iso que ante as constantes mentiras do alcalde con respecto ao modelo de xestión, falando de remunicipalizar e despois voltando a privatizar, consideramos que se acadaría un moito mellor funcionamento transferindo temporalmente a recadación municipal á Deputación de Ourense.

Este organismo que xa leva a meirande parte das da provincia de Ourense conta con ferramentas e capital humano para poder mellorar ostensiblemente as prestacións actuais ante a incapacidade do goberno actual de resolver nin un só dos moitos problemas que xenera.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                                  SOLICITAMOS

  1. A  transferencia con carácter urxente do servizo municipal de recadación á Deputación Provincial de Ourense.