O presidente provincial asistiu hoxe á apertura das novas instalación da Asamblea Comarcal Viana Conso Frieiras da organización humanitaria, que conta con 130 voluntarios e prestou servizo a 700 persoas o pasado ano
O presidente da ONG, Felipe Ferreiro, agradeceu a colaboración directa da Deputación, “sen a que sería imposible que hoxe puidéramos ter esta nova sede en A Gudiña”
A Gudiña, 9 de xullo de 2024.
A Asamblea Comarcal Viana Conso-Frieiras de Cruz Vermella vén de inaugurar a súa nova sede, na rúa Beato Sebastián Aparicio de A Gudiña. A esta apertura asistiu o presidente provincial, Luis Menor, quen calificou esta nova infraestructura como “exemplo de utilidade da cooperación institucional para mellorar a vida das persoas”. No acto inaugural participaron Néstor Ogando, alcalde da Gudiña; María del Pilar Vega Sánchez, presidenta comarcal de Cruz Vermella en Viana; e Felipe Ferreiro, presidente provincial da organización humanitaria.
O presidente da Deputación puxo en valor o traballo que desenvolven os 130 voluntarios desta asamblea comarcal, pois prestaron servizo a 700 persoas o pasado ano. Salientou que a intervención social nas administracións locais e provincial é cada vez máis necesaria por cuestións demográficas, “e grazas a organizacións como Cruz Vermella, chegamos a onde non seríamos capaces de chegar as administración por si mesmas”, de aí que destacase a colaboración constante da Deputación con esta institución desde os seus propios inicios en Ourense: “A historia da organización humanitaria en Ourense é tamén unha parte da historia da Deputación. Só cabe lembrar que a Cruz Vermella en Ourense foi fundada o 21 de outubro de 1893 no salón de plenos do Pazo Provincial”.
O presidente provincial de Cruz Vermella, Felipe Ferreiro, agradeceu a colaboracion directa da Deputación, aportando 48.000 euros para a adquisición do local que alberga a nova sede en A Gudiña, “sen a que sería imposible que hoxe puidéramos ter estas instalacións”.