A proposta complétase con Belén Iglesias na vicepresidencia; Manuel Pardo como secretario; e Rosa Quintana e Alejandro Pérez nas funcións de vogais.
9, xullo, 2024. Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, foi proposto para ocupar a presidencia da mesa do 19º Congreso Provincial do PP, segundo o acordo adoptado hoxe na reunión que mantivo a Comisión Organizadora do conclave popular.
Consonte ao artigo 29 do regulamento do congreso, a proposta complétase con Belén Iglesias na vicepresidencia da mesa; Manuel Pardo como secretario; e Rosa Quintana –no posto correspondente á Comisión Organizadora- e Alejandro Pérez nas funcións de vogais.
Todos os membros da mesa cumpren ademais co requisito indicado no regulamento do congreso, que marca a súa imprescindible condición de compromisarios.
No acto inaugural do congreso, que estará presidido polo comité organizador, proporase ao plenario a composición da mesa, que deberá ser ratificada por maioría simple dos compromisarios. Entre as función deste órgano figura vixiar o cumprimento do regulamento do congreso e dirixir a sesión.
Na reunión de hoxe e seguindo tamén co regulamento, procedeuse ao nomeamento dos membros que integrarán as dez mesas electorais habilitadas para a votación dos preto de 700 compromisarios que se darán cita no Pazo dos Deportes Paco Paz o domingo 13 de xullo