Na visita realizada esta tarde á sede do 19º Congreso provincial extraordinario, no Pazo dos Deportes Paco Paz
• A cita de mañá sábado, sinalou, mestura “a renovación coa continuidade”, ademais de acoller unha ampla representación da militancia para facer “o congreso da xente, como expresei desde o inicio deste proceso”
• Agradeceu á colaboración do PPdeG na organización do congreso, así como a presenza dos líderes populares galego e nacional, Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo, que participarán no acto de clausura
• o Pazo dos Deportes Paco Paz acollerá mañá sábado “a unha inmensa delegación do Partido Popular de Ourense”, comezando polos 695 compromisarios (132 natos; 563 electos; e 3 en representación de Novas Xeracións), pero destacando tamén a presenza de 1.500 invitados
12, xullo, 2024. O candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, visitou esta tarde o Pazo dos Deportes Paco Paz para supervisar os preparativos do 19º Congreso provincial extraordinario que se celebrará mañá, sábado 13 de xullo. Unha visita na que estivo acompañado pola presidenta da Comisión Organizadora, Rosa Quintana, e as candidatas á Vicepresidencia e á Secretaría Xeral, Marta Novoa e Sandra Quintas.
Luis Menor afirmou durante a visita que o Congreso “contribuirá a consolidar a nosa historia como formación provincial con maior apoio ao PP”. Unha cita na que se mestura, dixo, “a renovación coa continuidade”, ademais de acoller unha ampla representación da militancia para facer “o congreso da xente, como expresei desde o inicio deste proceso”.
Tamén expresou o seu agradecemento á colaboración do PPdeG na organización do congreso, así como a presenza dos líderes populares galego e nacional, Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo, que participarán no acto de clausura.
Pola súa banda, a presidenta da Comisión Organizadora, Rosa Quintana, sinalou que o Pazo dos Deportes Paco Paz acollerá mañá sábado “a unha inmensa delegación do Partido Popular de Ourense”, comezando polos 695 compromisarios (132 natos; 563 electos; e 3 en representación de Novas Xeracións), pero destacando tamén a presenza de 1.500 invitados.
A resposta da militancia e simpatizantes do PP ourensán para participar neste conclave, afirmou Quintana, “permite comprobar as ganas de partido das que tanto vimos falando nos últimos meses”.
O 19º Congreso provincial extraordinario do PPdeOU comezará ás 10.00 horas coa proposta e votación da mesa do congreso, á que seguirá a aprobación do regulamento do conclave e a presentación do informe de xestión da xestora.
Antes da apertura das urnas, o candidato Luis Menor exporá ante o plenario o seu programa e candidatura. Unha vez coñecidos os resultados da votación, comezará o acto de clausura coa intervención do xa presidente do PPdeOU e dos líderes nacional e galego, estando previsto o remate cara ás 14.00 horas.