O novo goberno do concello do Carballiño continúa traballando en diferentes áreas. No eido deportivo e educativo, anunciaron a súa intención de abordar as melloras dos dous pavillóns, o Paco Chao e tamén o do centro educativo Calvo Sotelo na Uceira.
Na última xuntanza de traballo entre o presidente da Deputación, Luis Menor, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o tenente de alcalde, José Castro, pediron a colaboración para realizar algunhas reformas nas instalacións deportivas, especialmente no pavillón, ao tempo que a concelleira solicitou apoio ao proxecto do complexo deportivo da Uceira, previsto cun novo campo de fútbol.
A concelleira de educación xa comezou as conversas tamén coa Xunta para abordar a colaboración e o financiamento para realizar estas obras.