Nos últimos días, ambos grupos mantiveron numerosas reunións para ver as posibles medidas a tomar debido ás consecuencias deribadas da aprobación da ordenanza fiscal que regula as matrículas do conservatorio.
A ordenanza foi aprobada polos grupos da oposición para este ano polo que neste momento é a que está vixente. A súa suspensión podería crear un problema xurídico e administrativo, ó entrar despois do prazo de matriculación, polo que finalmente se optou por crear un grupo de traballo que afronte a súa modificación, dentro da lei, pois a norma contaba con numerosos informes en contra. A nova ordenanza regulará a matrícula para o vindeiro curso.