A xunta reitora do Consorcio da UNED aproba o Plan de xestión anual de calidade e a planificación académica do curso 24/25

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou hoxe no Pazo Provincial na xunta reitora do Consorcio da UNED, na que se clausuraron xestións correspondentes ao ano académico que agora finaliza, e aprobáronse iniciativas para o vindeiro curso. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na sesión deuse luz verde ao Plan de Xestión Anual de Calidade para o vindeiro curso 2024/2025, así como a súa Planificación Académica. Tamén se aprobaron pola Mesa as Contas Anuais e o orzamento. 

O centro universitario contará cun orzamento próximo ao millón de euros que lle permitirá desenvolver a súa actividades académica e cultural durante o vindeiro exercicio. Neste sentido, o director da UNED Ourense, Jesús Manuel García, agradeceu ás institucións tanto o compromiso como a súa implicación coa UNED.