Gabriel Alén delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa as obras de construción dunha senda peonil na estrada autonómica OU-540 en Santa Comba de Bande

Os traballos, cun investimento de máis de 35.000 euros, realízanse en ambas as dúas marxes da estrada, entre os puntos quilométricos 49+775 e 49+895

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén visitou esta mañá as obras de construción dunha senda peonil na estrada autonómica OU-540, en Santa Comba de Bande na que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a investir máis de 35.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Acompañado da alcaldesa, Sandra Quintas, o delegado territorial percorreu un treito das novas beirarrúas e valorou positivamente o estado avanzado das obras, sinalando que “con estas intervencións, a Xunta busca promover unha mobilidade sustentable e segura, favorecendo os desprazamentos cotiáns a pé dos veciños”.

A actuación ten como obxectivo mellorar a accesibilidade e o tránsito peonil nas marxes desta estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 49+775 e 49+895.

Os traballos céntranse na renovación das beirarrúas existentes en ambas as marxes da vía autonómica, dotándoas de anchura e pavimento adecuado á normativa de accesibilidade vixente. Os traballos que están a executarse neste momento, comezaron pola demolición das beirarrúas na marxe dereita da vía.

As novas beirarrúas proxéctanse cunha anchura necesaria para a accesibilidade aproveitando a franxa do dominio público da estrada. E amplíase a anchura de beiravía para poder acondicionar unha zona de aparcadoiro paralela á estrada.

Ao tempo, o departamento de Infraestruturas da Xunta rematará a vindeira semana os traballos no punto quilométrico 39+480, que consistiron na construción dun muro de pedra duns 2 metros de altura sobre o que descansa unha senda peonil de 80 metros de lonxitude.