O Museo do Viño de Galicia acollerá a presentación da Festa do Pulpo, simbolizando a perfecta maridaxe desta edición

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

-O acto terá lugar o martes, a partir das 11.30 horas, e reunirá a patrocinadores, bodegueiros e representantes municipais dos concellos do Carballiño e Ribadavia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño, 27 de xullo de 2024

Pola súa perfecta maridaxe, viño e pulpo danse a man na edición número 62 da festa gastronómica de interese turístico internacional. Simbolizando esta combinación, e tendo en conta que este ano a celebración se dedica á Denominación de Orixe Ribeiro, a máis antiga das galegas, o Museo do Viño de Galicia será o escenario do acto de presentación da programación e poderá degustarse o pulpo do Carballiño, xa que ata o lugar se desprazará unha pulpeira.

Neste acto, previsto para o martes 30 de xullo ás 11.30 horas, daranse a coñecer todos os detalles da gran novidade desta edición: a Mostra de Viños que terá como escenario a Praza Maior do Carballiño os días 3 e 4 de agosto en horario de 12.00 a 21.30 horas. Contarase coa participación de 6 bodegas: Arco da Vella-Adega do Eladio, Adega Viña-Carpazal, Eduardo Bravo, Casal de Armán, Pazo Tizón e Oryctes.

Tamén se porá en valor a música como outro dos puntos fortes da programación. En total, ao longo dos 15 días de festa actuarán una quincena de grupos de música folk e tradicional, sen contar os de outros estilos musicais. Entre eles destacará a de Óscar Ibáñez & Tribo, unha das bandas de folk máis destacadas de Galicia e que presentará o espectáculo Tribal 20 para celebrar dúas décadas de traxectoria.

Será o día 6 de agosto cando chegue un dos momentos máis esperados: os pulpeiros e pulpeiras intentarán bater un ano máis o recórd da tapa máis grande do mundo, a partir das 19.00 horas. E para do día grande, o 11 de agosto, programáronse actuacións musicais no Parque Municipal dende as 11.00 horas.