.Por duodécimo ano, o Centro de Estudios Chamoso Lamas organiza para o venres, 2 de agosto, unha nova andaina nocturna aos petroglifos de Cangues.
Trátase dun percorrido duns 5 kilómetros de ida e volta para observar á luz das lanternas os grabados rupestres das rochas do parque castrexo de Cangues, no concello do Irixo, que estará guiado polo arqueólogo Jorge Lamas e Adolfo Otero, integrantes da entidade cultural carballiñesa.
O punto de partida será o campo da festa de Madarnás, fronte ao local da asociación de veciños desta parroquia, ás 22,00 h. Recoméndase levar lanternas, chalecos reflactarios, calzado cómodo e roupa de abrigo.
Non se precisa inscripción previa, senón acudir ao lugar da cita a partir das 21,30 h.Ao termo da andaina, que conta coa colaboración da Asociación de Veciños de Madarnás e do Concello do Carballiño e o do Irixo, haberá unha queimada no local da asociación veciñal.