A televisión pública de Corea do Sur emite unha reportaxe da Festa do Pulpo que destaca o “truco especial” na súa preparación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Que a Festa do Pulpo do Carballiño esperte o interese dos xornalistas de Corea do Sur demostra a súa enorme proxección e transcendencia mediática, que non deixa de medrar dende que se declarou Festa de Interese Turístico Internacional no ano 2022. A Televisión EBS deste país asiático emitiu unha ampla reportaxe sobre a celebración despois de asistir o ano pasado e compartir impresións cos veciños e visitantes.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na reportaxe destácase a gran cantidade de visitantes que se achegan ao Carballiño para probar este manxar: “A xente vén de todas partes para probar este prato e durante a semana da festa consúmense 25.000 quilogramos de pulpo”. Tamén se fai fincapé no “truco especial” na preparación do cefalópodo: “A textura é suave e a combinación co aceite de oliva, que os españois adoran, é realmente fantástica”.

O pulpo é un prato cada vez máis demandado en Corea do Sur e este feito, unido a que a festa foi declarada de interese turístico internacional, motivou a visita dos xornalistas coreanos á vila. A xulgar polos seus comentarios na reportaxe, o prato cumpriu coas expectativas: “Non podo deixar de comer”.

A Festa do Pulpo do Carballiño volverá a demostrar a súa internacionalidade nesta 62 edición, xa que o Concello do Carballiño vén de formalizar o seu irmandamento coa Comune de Noventa Padovana, localidade italiana próxima a Venecia. Unha delegación italiana presenciará a preparación da tapa máis grande do mundo, o 6 de agosto.

Outro dos puntos fortes do programa será a Mostra de Viños que terá como escenario a Praza Maior do Carballiño os días 3 e 4 de agosto en horario de 12.00 a 21.30 horas. Contarase coa participarán 6 bodegas: Arco da Vella-Adega do Eladio, Adega Viña-Carpazal, Eduardo Bravo, Casal de Armán, Pazo Tizón e Oryctes.

A Festa do Pulpo arrancou con actividades para os máis pequenos, todos os días desta semana en horario de 19.00 a 21.00 horas na praza da Veracruz. O día 2 de agosto programouse unha ruta nocturna aos petroglifos de Cangues, organizada polo centro de estudos Chamoso Lamas.

O día 5 de agosto, tamén na Praza Maior do Carballiño actuará Clon Mela e será o día 6 de agosto cando chegue un dos momentos máis esperados: os pulpeiros e pulpeiras intentarán bater un ano máis o recórd da tapa máis grande do mundo. Será a partir das 19.00 horas. Pola noite actuará  grupo Soul&Roll.

O mércores 7 de agosto será a Orquesta América na que actúe neste mesmo escenario dende as 23.00 horas e o xoves 8 de agosto será o momento do Combo Dominicano na Veracruz. O fútbol tamén ten un espazo destacado na programación da Festa do Pulpo e o venres 9 de agosto o Artenteiro xogará co Pontevedra en Espiñedo a partir das 19.30 horas. Pola noite actuará a Disco Móbil Gramola.

O sábado 10 de agosto terá lugar a Festa das Camisetas, dende as 17.00 horas na Praza Maior. E para do día grande, o 11 de agosto, este serán os actos:

-A partir das 11.00 horas no Parque Municipal e nas rúas da vila actuarán charangas e grupos de música tradicional dende as 11.00 horas.

-De 12.00 a 18.00 horas no Parque Municipal: Festival folclórico de música e danza cos grupos Coribantes, Canta nas Croas, Cantareiras Madialeva e Auskelga.

-Ás 20.30 horas na Praza Maior: Concerto Amigos do Acordeón Terras de Celanova.

-Ás 23.00 horas na Praza Maior. Concerto de de Óscar Ibáñez & Tribo