O musical “Unha noite na eira do trigo” chega a Ribadavia este domingo, 4 de agosto, ás 21:00 no auditorio do Castelo .

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 O musical é unha adaptación do poema de Curros Enríquez musicalizada pola orquestra “ocaband”, nunha homenaxe a Oucho Boedo e o grupo “Los Tamara”.  

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ribadavia, 2 de agosto de 2024.- O musical “Unha Noite na Eira do Trigo” chega a Ribadavia este domingo, 4 de agosto, a partir das 21:00 no auditorio “Rubén García” do Castelo de Ribadavia. Este musical é unha adaptación do poema de Curros Enríquez musicalizada pola orquestra “ocaband”, nunha homenaxe a Oucho Boedo e o grupo “Los Tamara”.

O musical comezará ás 21:00 e a entrada ao auditorio é de balde. Esta actuación, patrocinada pola Xunta de Galicia, enmárcase dentro da xira que este musical está a facer por diferentes puntos de Galicia.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “Este musical fará as delicias de todos aqueles amantes da música de Pucho Boedo e “Los Tamara”, sen dúbida referentes musicais da cultura popular galega do século XX”

César Fernández afirmou tamén que “a actuación do domingo é unha ocasión fantástica para disfrutar da mellor música, nun espectáculo que une tamén cine e teatro en directo e que, sen dúbida, enganchara aos espectadores dende o primeiro minuto.”