Como parte da programación anual da Festa do Pulpo, o Concello do Carballiño rendeu homenaxe a unha figura destacada da localidade. Nesta 62º edición da festa, o homenaxeado foi o coordinador do grupo de voluntarios de protección civil no Carballiño, Juan Míguez Otero, pola súa labor en máis de 40 anos de servizo.
O acto levouse a cabo no salón de plenos do Carballiño, onde o Concello recoñeceu a labor dunha figura fundamental no ámbito da protección civil na localidade. O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, repasou a traxectoria de Míguez, quen, según sinala, sentou as bases de moitos grupos de protección civil en Galicia. O edil de turismo do Carballiño e o xefe do servizo de emerxencias da Deputación, puxérono como un exemplo para todos os grupos de protección civil na comunidade.
Míguez Otero é a “alma máter” da Agrupación de voluntarios de Protección Civil do Carballiño. Foi un dos seus fundadores no ano 1982 xunto con un grupo de xoves con quen compartía as mismas inquietudes por axudar.
Agradeceu este recoñecemento ao Concello, e especialmente destacou a labor dos compañeiros e compañeiras que están, e estiveron, no grupo de voluntarios dende fai tantos anos.