Demandamos unha reunión coa empresa redactora da RPT municipal coas traballadoras e cos grupos municipais antes da súa votación en Pleno.
Moitas traballadoras e traballadores non tiveron suficiente información de como van quedar as súas funcións, obrigas e dereitos no Documento. Así, a falta de información e a falta de unanimidade leva ao noso grupo a pedir que se adíe a súa votación para o Pleno de decembro.
Ademais, Ribeiro en Común pide, antes de que vaia a Pleno, saber de onde vai conseguir o Concello o incremento de 436 mil euros que vai custar a Relación de Postos de Traballo, unha cuestión que pode hipotecar o futuro dun Concello que perde poboación anualmente.
O goberno do PP presentoulle a oposición o Documento da RPT que pretende aprobar nunha semana, coartando o debate e o diálogo, e facendo moi difícil o traballos dos grupos municipais para falar cos representantes dos traballadores.
Ribeiro en Común pide que o asunto quede sobre a mesa para abordalo por consenso do goberno cos demais grupos municipais e con todos os traballadores.
Este goberno non quixo manter ningunha reunión cos grupos municipais para aprobar este Documento, que está chamado a durar décadas.
Semella que o goberno pretende vender en solitario a determinados sectores un favor que non é tal, mentres non foi capaz de conseguir a satisfacción de todos os traballadores.
– O Documento de Relación de Postos de Traballo que quere aprobar o PP vai supoñer un incremento do gasto de máis de 430 mil euros para as arcas municipais:
O goberno do PP sigue sen aclarar de onde vai sacar o diñeiro para pagar o incremento no gasto municipal que vai supoñer esta RPT, mentres a poboación de Ribadavia continúa a baixar.
– Advertencia do INFORME DA INTERVENCIÓN MUNICIPAL:
Dito informe advirtelle ao goberno do incremento que vai supoñer no gasto, cun “impacto económico de máis de 436 mil euros”, “non existindo consignación suficiente neste momento”. Continúa dito informe que só hai dúas medidas que o goberno pode facer para continuar con esta RPT:
1. Continuar a subir impostos e tasas.
2. Reducir gastos en:
– reducir persoal
– reducir gastos en traballos de empresas externas, tales como conciliación, campamentos, Aqualia, servizos no Pavillón, Piscina, Subvencións a entidades como a Festa da Istoria e outros eventos consolidados.. etc.
4. – reducir gastos en asignacións a outros entes, como Galiña Azul, Subvencións clubes deportivos, servizo recollida de lixo (Deputación), Asilo, Comunidades de augas, etc.
Por todo isto, consideramos que a RPT debe levar maior consenso e acordo do Pleno, debe satisfacer a todos os traballadores e traballadoras, e debe trazar medidas para o seu financimento, para que sexa sustentable a longo prazo, pois este documento debe ter intención duradeira, non só para o interese de un goberno ou varias lexislaturas, senón para o beneficio do Concello como institución.
Non é de recibo traer sen respectar os prazos mínimos de diálogo e exposición pública, un documento que está chamado a regular durante décadas o Concello.
O PP queixabase de que aprobabamos Orzamentos anuais, con maiores prazos que eles tiveron cun Documento que Vai durar décadas.
Non queremos recordar as barbaridades e insultos que lanzaba o PP na oposición.
O que si queda demostrado con este incremento do gasto para o Concello, é que o PP minte e mentiu cando intentou crear o relato de que o Concello estaba endebedado, algo que se desmintiu cando o goberno aumentou os orzamentos de todas as festas en 2024, se subiu os salarios do goberno, e agora vai incrementar a partida de salarios en mais de 460 mil euros.
Ademais, Ribeiro en Común presentou neste Pleno de novembro dúas Mocións:
– Ribeiro en Común demanda que o Concello execute o proxecto que foi realizado polo anterior goberno de coalición para estas rúas de Francelos.
Nesta nova Moción pedimos que o Concello proceda a elaboración do Plan Director de SAN Xes de Francelos, como primeiro paso para:
1. Arranxo integral das rúas Laxas e Ramal, e o entorno da Aldea ata o Curceiriño.
2. Solicitamos que o actual goberno continúe o traballo realizado polo anterior goberno de coalición, o cal tiña feito un proxecto de rehabilitación das Rúas Ramal e Laxas.
– A segunda das Mocións presentadas pide que se reactive a fundación termal de Prexigueiro e que a Alcaldía deixe de mirar para outro lado diante de un problema interno do PADROADO, o cal aínda non se convocou desde o inicio da lexislatura, fai ano e medio.
Ademais, pedimos que se impulse a tramitación da Senda #Ribadavia- Prexigueiro xa que esta continúa pendente de investimentos reais.
Neste sentido, coñecemos os fondos europeos que o ESTADO puxo a disposición no Plan TERMAL provincial, pero reclamamos que a Deputación se comprometa ao seu financiamento completo, da mesma maneira que está a facer noutros municipios.