O PSOE de Ourense, en contra dos autónomos

Rolda de prensa de Manuel Baltar (Presidente Deputación Ourense), acompañado polos VicePresidentes da Deputación Ourense Rosendo Fernández, Armando Ojea Bouzo, Placido Álvarez Dobaño.
IES CHAMOSO LAMAS

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, defendeu hoxe aos autónomos ourensáns fronte ao que considera unha “guerra contra o emprego” da provincia de Ourense, protagonizada polo voceiro socialista na Deputación, Rafael Rodríguez Villarino, na súa loita na que semella impedir que os autónomos da provincia afectados pola crise económica do COVID-19 poidan percibir as axudas que establece a Deputación de Ourense”, afirma Baltar.

“O PSOE de Ourense, en contra dos autónomos da provincia”. Así define o presidente da Deputación a estratexia liderada por Rodríguez Villarino, “fronte á que loitaremos nas instancias que sexa necesario para salvagardar o emprego e as axudas económicas de familias ourensás afectadas pola crise do COVID-19 que o voceiro socialista na Deputación parece pretender que non perciban”, afirma Baltar.

OZOCOgz Deseño Galego
Rolda de prensa de Manuel Baltar (Presidente Deputación Ourense), acompañado polos VicePresidentes da Deputación Ourense Rosendo Fernández, Armando Ojea Bouzo, Placido Álvarez Dobaño.

O presidente do goberno provincial, quen compareceu na rolda de prensa acompañado polo vicepresidentes da Deputación, Rosendo Fernández, Armando Ojea e Plácido Álvarez, dixo que reiterará á Subdelegación do Goberno en Ourense “a transparencia necesaria para coñecer as razóns do cuestionamento da legalidade das axudas”.

Baltar destacou “o máximo respecto ao PSOE, aos seus militantes e aos seus votantes, á marxe dos cales semella estar Rodríguez Villarino, porque ao enfrontarse aos autónomos da provincia, tamén se enfronta ás súas familias e a toda economía de Ourense, e non podemos consentir ningún ataque á nosa provincia por parte do actual responsable do PSOE”, expresou o presidente, quen destacou que a aportación de Rodríguez Villarino nesta etapa de pandemia a prol dos autónomos da provincia foi: “nulo apoio nin propostas de axudas; abstívose cando o pleno da Deputación aprobou as axudas, sen cuestionar ilegalidade algunha, e agora ataca impunemente con xogos espurios e sementando dúbidas, con dolo e premeditación, logo de coñecer o informe do secretario xeral, que avala a legalidade de todo o proceso”.

Miles de familias

“Unha miserable estratexia electoral, na que o responsable do PSOE en Ourense utiliza a miles de familias ourensáns ás que a crise económica do COVID-19 puxo nunha grave situación. E iso non o vai consentir a Deputación de Ourense, que desde o minuto un da pandemia púxose ao carón dos autónomos, das Pemes e de toda a sociedade ourensá para remar na mesma dirección: axudándonos para recuperar canto antes a normalidade que se merece a nosa sociedade”, afirma Manuel Baltar.  

Baltar pregúntase se Villarino “non estará detrás das comunicacións da Subdelegación do Goberno. Sería un feito gravísimo: a utilización partidista das institución do Estado”, en referencia a que a Subdelegación “nos reclame o expediente das axudas a autónomos promovidas pola Deputación, para revisar a súa legalidade. En ningún lugar de España o fixeron e son moitos os exemplos de deputacións e concellos que teñen aprobado axudas directas a autónomos, por suposto tamén gobernos socialistas, en concellos e deputacións, en Lugo Coruña, Barcelona, Valladolid, Sevilla, Teruel, Guadalaxara ou Cáceres”, comenta Baltar.

Neste sentido, o presidente amosou na rolda de prensa a documentación acreditativa que certifica as actuacións de Villarino ás que cualifica de “acoso para impedir que unhas axudas tan necesarias poidan chegar a autónomos e Pemes da provincia de Ourense”, afirma Manuel Baltar, afirmando que fronte a todo iso, “está a Deputación de Ourense, líder en transparencia, motivo polo cal teñen todos os datos que piden”, e reclama á Subdelegación do Goberno en Ourense “o mesmo exercicio de transparencia”

“Pregúntolle a Pedro Sánchez se sabe a quen ten ao fronte do PSOE en Ourense. Pregúntolle a Gonzalo Caballero se está de acordo con este ataque aos autónomos. Pregúntolle ás organización empresariais e de autónomos como valoran o comportamento de Rodríguez Villarino. Pregúntolle a Abel Caballero que pensa de que o PSOE en Ourense vote en contra do acordo unánime da FEMP a favor dos concellos de España”, afirma Baltar, remarcando que a sociedade ourensá “debe saber quen é este personaxe, de quen nos preguntamos se non estaría tamén detrás das inspeccións que tivo o Pazo dos Deportes “Paco Paz” mentres este centro exercía como centro loxístico de transporte e de apoio ao persoal esencial durante os duros días da pandemia”.

“Así é quen rexe os destinos do socialismo en Ourense”, conclúe Manuel Baltar, preguntándolle a alcaldes e a deputados provinciais “se tamén queren revisar as axudas directas da Deputación aos miles de autónomos da provincia, para que as devolvan; porque iso é o que pretende Rodríguez Villarino, quen, en momentos de dificultade para a nosa poboación, así entende o que significa a cooperación e a solidariedade”.