O Bng de Cenlle critica ao goberno municipal polo fracaso das ” Aldeas Modelo “

O BNG de Cenlle ven de presenciar uns dos maiores esperpentos no último pleno do
Concello de Cenlle. O grupo de goberno comunica que o Concello acaba de perder unha
subvención dos fondos AGADER de 200.000 € e debe asumir unha débeda de máis de 18.000 € por causa do fracaso das “Aldeas Modelo”.

Isto ven a demostrar dous feitos gravísimos para a nosa veciñanza. O primeiro, como era
de esperar, é a dubidosa eficacia, finalidade e validez do proxecto das “Aldeas Modelo”.
Iniciativa totalmente desenfocada e turbia, que o único fin que finalmente tivo foi o de
elemento propagandístico para o grupo de goberno, sen ningún tipo de retribución
beneficiosa para o Concello que, alén de adornar algúns titulares de prensa, só supuxo un buraco económico para as arcas municipais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por outra banda queda máis que ratificada a incompetencia do Alcalde, incapaz de
esclarecer as datas e formas da licitación, a finalidade de dito proxecto e incluso non foi quen de garantizar que iste puidese ter financiamento nun futuro. Esta actitude demostra unha tremenda apatía e neglixencia, impropia do primeiro rexidor que recibe un salario por desempeñar as súas funcións.
Dende o BNG de Cenlle vimos a denunciar que o Concello non está para o lucro persoal e
a experimentación con diversos “chiringuitos”, todo iste investimento podería ser empregado en diversas propostas máis factible e necesarias para o concello como xa vimos de solicitar en diversos plenos e estancias