O concello valora “moi positivamente” a edición número 62 da Festa do Pulpo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Tras varios días da celebración da Festa do Pulpo 2024, o Concello do Carballiño dános unha valoración do que foi a súa quincena de festas, un evento marcado polas altas temperaturas e un novo récord de asistencia. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A cita gastronómica máis multitudinaria de Galicia, cumpliu este ano 62 edicións de historia atraendo cada ano a máis visitantes. Dende o Concello do Carballiño fixeron unha valoración moi positiva do que foi toda a semana de celebración. Especialmente durante a fin de semana, a pesares da calor, o gran día da Festa do Pulpo recibiu a milleiros de asistentes que se achegaron ao Carballiño para desfrutar do seu prato estrela. 

Xa é o segundo ano no que a Festa do Pulpo pode lucir a súa categoría de Festa de Interese Turístico Internacional, un título que destaca a gran capacidade de atracción desta cita gastronómica.

O concelleiro de cultura, Diego Fernández, quixo destacar o potencial do Carballiño no eido cultural, e asegura de que o fin da Festa do Pulpo non supón o final do verán na Comarca. A programación cultural para o que queda de agosto e para principios de setembro vén cargado de moitas actividades que persoas de todas as idades poderán desfrutar aquí na localidade.