O Concello do Carballiño, xunto con Maside e Boborás, liderou a solicitude do programa de emprego para persoas mozas que vén de ser concedido pola Xunta de Galicia. Os trámites comezaron hai meses e a iniciativa permitirá realizar actuacións como o acondicionamento da senda peonil do río Arenteiro, reparando as zonas deterioradas pola climatoloxía. Tamén melloraranse as zonas verdes con actuacións de axardinamento. Trátase do primeiro programa de emprego para persoas mozas concedido ao Concello do Carballiño e o seu obxectivo é facilitar a inserción laboral.
Nos concellos de Maside e Boborás estas serán as actuacións que se leven a cabo:
Maside -Puzo de Lago. Mantemento con elementos de madeira.
Senda peonil A Rañoá. Mantemento con elementos de madeira.
Roteiro do Barbantiño. Mantemento con elementos de madeira.
Espazo Municipal Maside. Axardinamento.
Espazo Municipal Outeiro. Pérgola madeira xardín.
Boborás. Roteiro peonil Pozo dos Fumes. Mantemento con elementos de madeira.
Un total de 16 mozos e mozas realizarán traballos de carpintería e xardinería durante todo un ano. Os interesados en participar deben cumprir os seguintes requisitos:
-Ser maior de 18 anos e menor de 30.
-Estar inscrito en situación de persoas beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
-Estar inscrito na oficina de emprego como interesado/a en participar nun programa dual de Emprego.
A solicitude de participación en programas duais de emprego pode realizarse de xeito telemático a través da Oficina Virtual de Emprego Galicia: www.emprego.xunta.gal