O parque municipal do Carballiño acolle unha nova edición do Festival de Títeres, evento por excelencia para o público infantil, que ten inicio o vindeiro martes 20 de agosto.
Un ano máis, o Festival de Títeres volve á programación do verán carballinés con espectáculos cheos de maxia para sorprender a nenos, nenas e maiores. O evento terá lugar na explanada do parque municipal o vindeiro martes 20 de agosto, a partir das 19.00 horas.
O festival extenderase durante varios días da próxima semana, e contará con actuacións de compañías galegas, deseñadas para o entretemento, pero tamén cunha aposta pedagóxica enfocada para público máis infantil.
Cunha sólida traxectoria no Carballiño, o festival convertiuse nunha proposta cultural habitual na programación veraniega da concellería de cultura do Carballiño. O concelleiro de cultura, Diego Fernández, invita a todo o mundo, especialmente aos máis pequenos, a participar nestas xornadas.