O festival de títeres chega un ano máis ao Carballiño con espectáculos pedagóxicos e de entretemento no parque municipal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ata o venres 23 de agosto, o parque municipal do Carballiño acolle unha nova edición do Festival de Títeres, evento por excelencia do verán carballinés para o público infantil, que se estenderá durante estes catro días.  

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Un ano máis, o Festival de Títeres vólve á programación do verán carballinés con espectáculos cheos de maxia para sorprender a nenos, nenas e maiores. O evento iniciouse onte martes día 20 de agosto, a partir das 19.00 horas, na explanada do parque municipal. 

O festival estenderase durante varios días desta semana, e contará con actuacións de compañías galegas, deseñadas para o entretemento, peor tamén cunha aposta pedagóxica enfocada para o público máis infantil.

Cunha sólida traxectoria no Carballiño, o Festival de Títeres convertiuse nunha proposta cultural habitual na programación veraniega da concellería de cultura do Carballiño. Dende o Concello invitan a todo o mundo, especialmente aos máis pequenos, a participar nestas xornadas.