Xa quedan poucos días para que San Amaro celebre unha nova edición do Festival Céltico e da súa Festa Galaica para o último fin de semana de agosto. Hoxe estivemos con Víctor Gulías, membro do grupo de teatro Dar Trela, grupo que actuará no Festival. Contounos un pouco sobre o programa de actividades.
O Concello de San Amaro confirmou una nova edición das súas festas populares. O Festival céltico e a Festa Galaica celebraranse os días 31 de agosto e 1 de setembro respectivamente, con varias novidades para este ano. A programación desta nova edición comeza coas actividades do sábado, coas actuacións musicais dos grupos galegos Zurrumalla e Leirabuxo. Ademais, esta nova edición inclúe unha voda castrexa a cargo de grupo Dar Trela, un xantar galaico, recreacións históricas, entre moitas máis actividades.
O evento, organizado polo Concello de San Amaro, busca reivindicar as raíces dos antepasados de San Cibrao de Las, un enclave de referencia a nivel histórico e cultural, xa que é o castro con maior superficie escavada de toda a provincia de Ourense. Trátase dunha iniciativa que aglutina cultura, música e tradición ao redor dun dos enclaves turísticos de maior proxección deste municipio.
Este tipo de eventos apoian a conservación do patrimonio cultural conmemorando o pasado castrexo que tanto caracteriza á nosa comunidade.
PROGRAMA ( Premer na Imaxe)

O Concello de San Amaro fixo público a través da súa conta de Facebook o cartel dunha nova edición do Festival Céltico e da súa Festa Galaica para o último fin de semana de agosto
O Concello de San Amaro confirmou una nova edición das súas festas populares. O Festival céltico e a Festa Galaica celebraranse os días 31 de agosto e 1 de setembro respectivamente. Trátase dunhas xornadas que buscan reivindicar as raíces dos antepasados de San Cibrao de Las, un enclave de referencia a nivel histórico e cultural, xa que é o castro con maior superficie escavada de toda a provincia de Ourense. Este tipo de eventos apoian a conservación do patrimonio cultural conmemorando o pasado castrexo que tanto caracteriza á nosa comunidade.
Aínda estamos a espera de saber máis información sobre a programación de actividades previstas duns eventos que anos anteriores aglutinaron cultura, música e tradición ao redor dun dos enclaves turísticos de maior proxección deste municipio.