dende o grupo de comunicación de Afiando o vento achegámos a nota de prensa sobre os primeiros actos previos á VI manifestación “O pobo galego unido contra a depredación enerxética”, convocada para o domingo 24 de novembro.
NOTA DE PRENSA:
Arrincan as primeiras actividades previas con motivo da VI manifestación: “O pobo galego unido contra a depredación enerxética” que terá lugar o domingo 24 de novembro deste mesmo ano 2024 na cidade de Ourense.
Esta iniciativa chega á Terra da chispa, despois de pasar por cinco cidades galegas: Coruña, Vigo, Lugo, Ferrol e Pontevedra, coa intención de visibilizar o espolio que ameaza ao rural galego e tecer redes entre os movementos sociais e as xentes que moran nas cidades e os colectivos en defensa do rural e as xentes que habitan nas aldeas.
O obxectivo destas accións é sumar forzas dende a cidade en apoio aos territorios e a quen viven neles, xa que se están vendo afectados polo expolio dos bens comúns por parte das empresas especuladoras que procuran privatizar o vento e a terra danando as augas, o chan, a vida das persoas e a biodiversidade.
Queremos facer visible o que está a acontecer, visibilizar os macro proxectos eólicos e mineiros que pretenden afectar a moitos dos nosos lugares en Ourense e Galicia. Queremos informar sobre as implicacións que pode traer de seguir adiante, cales son os custes e os supostos beneficios. Queremos achegar información veraz, fronte á información interesada que dende hai anos circula polas nosas aldeas e veciñanza. Queremos conservar e protexer os bens comúns imprescindibles para a vida e o bo vivir.
A primeira das actividades será a pre-estrea do documental “Vidas Irrenovables. Naturaleza o miseria”. Terá lugar o mércores 11 de setembro ás 20hs, no Cineclube Padre Feijoo, no salón da Casa da cultura, rúa Concello nº11 da cidade de Ourense. Tamén se presentará o xoves día 12 ás20h en O Carballiño, no auditorio Manuel María da man do Cineclube da vila. En ámbolos dous casos contaremos coa presentación do director Francisco J. Vaquero.
Breve sinopse: A substitución das fontes de enerxía baseadas encombustibles fósiles por fontes de enerxía renovables está a esnaquizar os ecosistemas, as economías e as sociedades do mundorural no estado español. A falta de planificación e a nefasta xestión das administracións públicas está a poñer nun graveperigo a supervivencia do mundo rural. Algo que viña para salvar o medioambiente e rexurdir a vida dos pobos, paradoxalmente estaseconvertendo en todo o contrario. Ante esta situación alarmante, moitas persoas resístense a ver morrer os seus territorios e estána dar as súas vidas para poderen frear esta situación.