O Psdeg-Psoe de Xinzo destaca que gracias ao traballo do anterior equipo de goberno a rúa 2 de maio verá renovadas as beirarrúas tras anos de reclamacións

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Trátase dun proxecto conseguido durante o mandato das e dos socialistas e que será financia polo Cooperou 2024, negociado polo grupo socialista na Deputación Provincial

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Elvira Lama salienta que “logo do comezo das obras das beirarrúas queremos destacar o gran paso na mobilidade e accesibilidade que se vai dar colocando tres ramplas de acceso en zigzag, o que vai facilitar o tránsito das persoas con dificultades de mobilidade”

Xinzo de Limia, 9 de setembro de 2024. O PSdeG-PSOE de Xinzo destaca que as obras das beirarrúas da rúa 2 de Maio inclúen tres ramplas de acceso para favorecer a mobilidade, grazas ao traballo do anterior grupo de goberno encabezado por Elvira Lama. Trátase dun proxecto conseguido durante o mandato das e dos socialistas e que será financia polo Cooperou 2024, negociado polo grupo socialista na Deputación Provincial.

Esta semana deron comezo as obras das beirarrúas da rúa 2 de maio, que tal e como apuntan dende o grupo municipal socialista “levan moitos anos sendo unha reclamación da veciñanza”. Dende o PSOE lembran que foi unha obra “deseñada para acometer coa maior urxencia durante o anterior mandato, debido ao derrube que presentaba a beirarrúa superior, con máis de 50 anos de construción”.

Trátase dun proxecto que xa foi iniciado no anterior mandato e para o que era necesario lograr financiamento. “Este ano fíxose realidade a través do Plan Cooperou 2024, un plan que foi negociado polo grupo provincial socialista co novo presidente da Deputación de Ourense”, explica a voceira do PSdeG-PSOE en Xinzo Elvira Lama. Neste senso a ex-alcaldesa pon de manifesto que estamos ante un plan “destinado a tódolos concellos, con criterios de reparto xustos e que remata coa discriminación existente durante décadas no ente provincial e que no caso de Xinzo a achega é de 348.000 euros”.

Lama salienta que “logo do comezo das obras das beirarrúas queremos destacar o gran paso na mobilidade e accesibilidade que se vai dar colocando tres ramplas de acceso en zigzag, o que vai facilitar o tránsito das persoas con dificultades de mobilidade”. A voceira socialista explica tamén que dita actuación “ten un prazo de execución de catro meses, con certos atrancos para os veciños e veciñas das vivendas da rúa, pero mudará substancialmente a funcionalidade e a mobilidade desa zona da vila”.

Un proxecto deseñado a dobre altura con beirarrúas paralelas, unha no borde da calzada por onde vai o abastecemento e outra na saída das vivenda, por onde irá a tubaxe de saneamento. As obras tamén contemplan tres pasos elevados sobre unha calzada que recibira tratamento de dobre rego, así como zona axardinada nos desniveis da beirarrúas.