As festas patronais do San Cibrao celebraranse no Carballiño dende mañá, venres 13, ata o xoves día 19 do presente mes de Setembro, cunha ampla programación de actividades recreativas e culturais para tódolos públicos e idades. Serán precisamente os grupos locais de música os protagonistas desta primeira xornada, xa que mañá, ás 8,30 da tarde e no recinto da Praza Maior, está previstas as actuacións de Five Pipers, Susie Q’s e Os Kambotes, dentro do ciclo ‘Feito no Carballiño’ que organiza o departamento municipal de Cultura. Para esa mesma hora está prevista o acendido do alumeado artístico instalado nas rúas e prazas da vila durante estas datas festivas.
O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, comentounos os primeiros actos previstos, entre os que se contempla o adianto ao sábado da tradicional sesión pirotécnica:
Entre outras actuacións programadas pola comisión organizadora destacan os concertos de Gin Toni’s, Guadi Galego, un tributo aos Dire Straits, e as orquestras La Fórmula e Panorama, que actuarán, respectivamente, os días 14, 15, 16 e 17. As charangas CLK, Dr. Anchoa, Serandeiros e Castro Bello encargaránse da animación en rúas e prazas da vila, mentres a banda de música de Boborás e a Agrupación Musical da Limia protagonizarán os tradicionais concertos populares.
Manuel Dacal tamén fixo un chamamento para que toda a veciñanza colabore coa comisión de festas: