Animada fin de semana de festas con fogos e os concertos de ‘Gin Toni’s’ e Guadi Galego

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As festas do San Cibrao terán continuidade ao longo desta fin de semana con alboradas, pasarrúas de charangas, actuacións musicais e unha sesión pirotécnica, unha vez que o festival ‘Feito no Carballiño’ e o acendido do alumeado artístico abriron onte pola noite a programación. Deste xeito, para mañá están previstos dous pasarrúas da Charanga CLK, ao mediodía e á tarde, mentres o grupo Grease será o encargado de inaugurar a quenda das orquestras na rúa Calvo Sotelo, cun pase ás 7,30 da tarde, e outro, ás 10,30 da noite, previo á gran tirada de fogos que será á medianoite na explanada do Parque municipal. Á continuación, a festa trasladarase á Praza Maior, onde está previsto o concerto do grupo Gin Toni’s.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, avanzou as actividades  desta fin de semana:

A charanga do Doutor Anchoa compartirá o pasarrúas do domingo coa Agrupación Musical da Limia, que dará un concerto ás 13,00 h. no Asilo de Ancianos da vila, e, dende as 12,30 h. tamén está prevista unha actuación especial da agrupación de danzas Cantigas e Agarimos na praza maior. A xornada dominical rematará ás 22,30 h. cun concerto da cantante galega Guadi Galego no escenario de praza maior.