Colectivos sindicais e solidarios anuncian folga xeral e xornada de loita en apoio a Palestina

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
Compostela, 18 de setembro de 2024 – Esta mañá celebrouse unha rolda de
prensa na Nave de Vidán en Compostela, onde os seguintes colectivos e
sindicatos: CGT Galiza, Solidariedade Obreira Galiza, CNT Galiza, a
Asemblea Internacionalista de Compostela e a Rede Galega pola Palestina,
presentaron a folga xeral convocada en apoio á loita do pobo palestino
para o vindeiro 27 de setembro.

Expuxéronse os detalles desta mobilización, subliñando que se trata
dunha xornada de loita en solidariedade co pobo palestino fronte á
ocupación, o apartheid e o xenocidio sionista.

Fíxose un chamamento á clase traballadora e aos sindicatos galegos para
que se sumen a esta xornada de loita e reivindicouse a ruptura das
relacións diplomáticas co Estado sionista, e a suspensión de acordos
comerciais e académicos que benefician a dita entidade e a importancia
de promover a campaña BDS (Boicote, Desinvestimentos e Sancións) como
ferramenta de presión internacional non violenta a Israel.

Durante a rolda de prensa, anunciáronse as seguintes manifestacións e
concentracións previstas para o 27 de setembro en varias cidades
galegas:

A Coruña: Manifestación ás 20h no Obelisco.
Compostela: Manifestación ás 12h na Praza Roxa e concentración ás 19h na
Praza do Obradoiro.
Pontevedra: Manifestación ás 20h en Loureiro Crespo, fronte ao Hospital
Provincial.
Vigo: Manifestación ás 19h fronte ao Marco.

Ademais, presentouse a Rede Galega pola Palestina, un espazo asembleario
en construción, aberto a todas as persoas e colectivos galegos que
desexen participar e que terá a súa vindeira xuntanza presencial o
sábado 21 de setembro en Ourense, na Asociación Andén Primeiro nunha
intensa xornada de actividades de 11h a 20h.

A xornada do 27 de setembro será un acto de solidariedade internacional
e de loita obreira, destacando a importancia da mobilización en apoio ao
pobo palestino e contra a represión que sofre no seu territorio. A
unidade da clase traballadora e dos movementos sociais galegos nesta
folga será fundamental para visibilizar esta causa a nivel global.

Do río ao mar, Palestina vencerá!
XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO