O Centro Penal de Pereiro pon en valor a colaboración da Deputación na organización de actividades para internos a través do OUFF e do Pazo dos Deportes

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, asistiu este mediodía ao acto institucional organizado con motivo da celebración do Día da Merced, patroa das institucións penais
Luis Menor, que participou na entrega de diplomas e medallas, referendou a colaboración da Deputación co centro penal na organización de actividades de entretemento para os internos
Entre os recoñecementos deste ano figuraba o Ourense Film Festival (OUFF), “que axúdanos a ofrecer aos internos e internas unha forma de entretemento saudable e unha ocupación do tempo libre positiva”
Pereiro de Aguiar, 20 de setembro de 2024.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou este mediodía no tradicional acto institucional que cada ano organiza o Centro Penal de Pereiro de Aguiar, con motivo da celebración do Día da Merced, patroa das institucións penais.
No acto, o director do centro, Francisco González, puxo en valor a colaboración da Deputación, grazas a cal “podemos levar a cabo proxeccións de cine -a través do OUFF-, así como outras actividades deportivas por medio do Pazo dos Deportes Paco Paz”.
Unhas palabras que agradeceu Luis Menor ao remate do acto, referendando a colaboración da Deputación co centro penal ourensán na organización de actividades de entretemento para os internos.
O presidente provincial, xunto coas autoridades invitadas, participou na entrega de diplomas e medallas coas que o centro penal recoñece o esforzo, o traballo e maila dedicación de internos nos ámbitos terapéutico, educativo, de evolución persoal, deportividade ou rendemento laboral, así como o labor de funcionarios, gardas civís, asociacións sen ánimo de lucro e entidades sociais e profesionais de distintas disciplinas vinculados co centro.
Precisamente entre os recoñecementos figuraba o Ourense Film Festival (OUFF), “que axúdanos a ofrecer aos internos e internas unha forma de entretemento saudable e unha ocupación do tempo libre positiva”. A distinción que foi recollida polo director do festival, Miguel Anxo Rodríguez.
Con motivo da 29ª edición do OUFF que comeza o próximo día 27, proxectarase no salón de actos do centro a película “Tratamos demasiado bien a las mujeres”, proxección na que estará presente a directora do filme, Clara Bilbao, que ademais manterá un encontro cos internos.
Tamén o día 24 deste mes proxectarase “+Cuñados”, dirixida por Luis Avilés, película que conta co patrocinio da Deputación.
En nome da Deputación, Luis Menor trasladou a través da dirección do centro penal a súa felicitación aos internos e profesionais recoñecidos polo seu labor, os primeiros pola súa vontade para iniciar unha nova etapa nas súas vidas persoais, e os segundos “por un traballo pouco coñecido pero que ten un importantísimo obxectivo, como é ofrecer novas oportunidades de inserción social aos internos”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO