“Fai 4 anos vendía a moto da iniciativa á Confederación de Empresarios de Ourense, logo solicitábaa e era concedida polo Goberno de España a e agora di que renuncia a ela por culpa dos traballadores e traballadoras municipais”, critica a voceira do PSdeG no Concello, Natalia González
Esta mañá o propio alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, confirmou que está dende fai unhas semanas en Tesoureria todo listo para proceder a súa devolución derivando calqueira tipo de responsabilidade
Ourense, 25 de setembro de 2024. As e os socialistas advirten de que o goberno local devolverá a subvención que recibiu do Ministerio de Comercio, de 2 millóns de euros, para desenvolver o proxecto de marketplace que anunciou en reiteradas ocasións e que finalmente non se levará a cabo. “Fai 4 anos vendía a moto da iniciativa á Confederación de Empresarios de Ourense, logo solicitábaa e era concedida polo Goberno de España a e agora di que renuncia a ela por culpa dos traballadores e traballadoras municipais”, critica a voceira do PSdeG no Concello, Natalia González.
Durante a xunta de área de Urbanismo, na que se inclúe Comercio e que tivo lugar onte, a portavoz xa requería saber en que punto se atopaba proxecto e que acontecía coa subvención sen recibir resposta por parte do concelleiro delegado, Fran Lorenzo. Esta mañá o propio alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, confirmou que está dende fai unhas semanas en Tesoureria todo listo para proceder a súa devolución derivando calqueira tipo de responsabilidade.
“Este é un exemplo máis de oportunidade perdida para Ourense coa xestión dos Fondos Next Generation que o Executivo de Pedro Sánchez puxo a dispor das entidades locais. A ineptitude, falta de criterio e xestión do rexedor propician que, nalgún caso, non se aproveiten estas liñas de axudas en materia de vivenda, mobilidade e sostibilidade e, noutros, se perdan unha vez concedidas, nun sector chave como é o apoio ao comercio local da cidade”, lamenta a tamén secretaria xeral do PSdeG en Ourense.
Neste senso, tamén lembra que foron as e os socialistas os que propuxeron, no pleno ordinario de maio de 2017, a creación dunha plataforma de venda a través de internet por parte do Concello de Ourense. Iniciativa que foi cos votos a favor dos grupos do Partido Popular e Ourense en Común e sete votos en contra de Democracia Orensana.
enlace ao audio con declaracións da voceira do PSdeG, Natalia González:
https://drive.google.com/file/d/1cRnLvwnWbkoXeNHFtSU8G22kNhw2Mled/view?usp=sharing