A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN ELEVARÁ A MÁIS DE 51 M€ O INVESTIMENTO EN OBRAS E EQUIPAMENTO EN 2020 PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA
No marco do Plan de Reactivación e Dinamización de Galicia, inxectará 30 millóns a través dun novo paquete de actuacións, que se suman ás xa previstas para este ano En total executaranse 535 actuacións de obra e equipamento Este programa de obra pública suporá actividade para máis de 650 empresas, das que máis do 70% poderán ser pemes con domicilio en Galicia, e emprego para preto de 5.000 persoas
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional elevará a máis de 51 millóns de euros o investimento en obras e equipamento a través do Plan de Reactivación do Sector Construción para a mellora dos Centros Educativos, que foi analizado hoxe polo Consello da Xunta. No marco do Plan de Reactivación e Dinamización de Galicia, o departamento educativo da Xunta inxectará 30 millóns máis dos previstos inicialmente para este ano, co fin de favorecer a creación de emprego, especialmente entre as pequenas e medianas empresas. De feito, este programa de obra pública suporá actividade para máis de 650 empresas, das que máis do 70% poderán ser pemes con domicilio en Galicia, e emprego para preto de 5.000 persoas. O investimento en obras previsto ata o momento para o ano 2020 ascendía a 21.689.045,09 €, con 248 actuacións previstas. Co novo paquete de medidas o investimento elevarase a máis de 51 millóns de euros, e realizaranse 535 actuacións de obra e equipamento. As novas actuacións divídense en 4 categorías: rehabilitacións integrais, ampliacións e reparacións; actuacións de Reforma, Ampliación e Mellora (RAM); rehabilitacións sectoriais (nova categoría); equipamento e maquinaria de simulación para ciclos de Formación Profesional.
Rehabilitacións integrais e RAM
Canto ás rehabilitacións integrais, ampliacións e reparacións, están previstas un total de 16 obras por importe de máis de 11 millóns de euros. O obxectivo é licitalas ao longo do mes de xuño. A execución compatibilizaríase co curso escolar 2020/2021.
Destas 16 obras 3 corresponden a provincia de Ourense. Unha delas no IES O Ribeiro