O encontro, que se celebrará no Centro Cultural Marcos Valcárcel o 27 de maio, está dirixido a persoal directivo e técnico, cargos electos da administración local, avogados, consultores, estudantes e público interesado na materia
Ourense, 21 de maio de 2026.
A Deputación de Ourense, xunto con “Vento abogados y asesores”, organizan unha xornada para analizar a problemática do emprego público nas entidades locais dirixida a persoal directivo e técnico, cargos electos da administración local, avogados, consultores, estudantes e público en xeral interesado nesta materia.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A xornada, que terá lugar o vindeiro 27 de maio de 9.15 a 14.00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel, ten como obxectivo analizar, debater e proporcionar solucións prácticas aos retos actuais aos que se enfrontan as entidades locais na xestión, regulamentación e cumprimento normativo do emprego público.
Os interesados en participar na xornada poden inscribirse a través da web da Deputación de Ourense: depourense.gal/gl/xornadaDPOU27-V-2026

















