O Carballiño acolle unha das etapas das ‘Marchas Ciclistas Unificadas’ de Special Olympics.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño acollerá o vindeiro sábado unha das etapas da 12ª edición das ‘Marchas ciclistas’ de Special Olympics Galicia, cun percorrido de algo máis de 14 quilómetros, e co campo da festa da parroquia de Mesego como punto de saída, ás 11,30 horas e un itinerario polas rúas da vila.  Estas actividades darán comezo o vindeiro xoves en Burela, continuando o venres en Compostela, o sábado no Carballiño e rematarán o domingo en Vilagarcía, coa participación dun total de seis entidades da discapacidade intelectual: As Burgas de Ourense, Aspas de Santiago, Prodeme de Monforte, Eu Son de Burela, San Francisco de Vigo e Con Eles de Vilagarcía, xunto co Club Xiabre de Vilagarcía e o Club Ciclista de Monforte de Lemos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No acto de presentación participou a deputada provincial de Política Social, Patricia Torres.

O xefe do Servizo de Deportes da Xunta, Manuel Pérez, lembrou as probas xa celebradas.

Modesto González, de Special Olympics, animou á veciñanza a ser partícipe desta actividade.

Pechouo o acto o alcalde, Francisco Fumega.