A Fundación Roberto Rivas lanza “Aldea Dixital”, un programa de axuda á dixitalización das persoas maiores en contornas rurais de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 1 de outubro de 2023 – Con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, a Fundación Roberto Rivas presenta “Aldea Dixital”, un programa pioneiro, dirixido á dixitalización das persoas maiores nos concellos rurais de Baños de Molgas, Amoeiro e Vilamarín, na provincia de Ourense. Este proxecto busca reducir a fenda dixital e territorial, axudando aos maiores na adquisición de competencias tecnolóxicas básicas que lles permitan mellorar a súa autonomía e calidade de vida.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta iniciativa posta en marcha xunto con Xesta Asesoría, co cofinanciamento de Fundación “La Caixa” e a colaboración dos propios concellos, ofrecerá formación gratuíta e personalizada, en formato mixto,con sesións presenciais e en liña, dirixidas a persoas maiores de 60 anos. O programa incluirá talleres grupais, asesoramento individual e medidas para previr os ciberdelitos, capacitando aos maiores para utilizar as ferramentas dixitais de forma segura.

Actividades interxeracionais e culturais

O programa tamén ofrecerá actividades culturais e culminará cun Demo Day en cada concello, onde os participantes compartirán o aprendido coas súas familias nunha xornada especial.

Un proxecto piloto con proxección“Aldea Dixital” iníciase como un proxecto piloto nestes tres concellos, coa vocación de expandirse a outras zonas rurais de Galicia. A Fundación Roberto Rivas presentará unha memoria final para avaliar o impacto do proxecto e o seu potencial