Galicia Calidade incorpora catro novas empresas alimentarias á marca , unha delas a cooperativa Viña Costeira

IES CHAMOSO LAMAS

Galicia Calidade incorpora catro novas empresas alimentarias á marca e aumenta o número de produtos certificados, unha delas a cooperativa Viña Costeira

Esta cooperativa do Ribeiro acadou a certificación de Galicia Calidade, dependente da Xunta de Galicia, que avala xa a máis de 400 produtos e servizos de máis de 120 empresas de diferentes sectores.

OZOCOgz Deseño Galego

No sector vitivinícola, Viña Costeira únese ao clube das empresas certificadas coa incorporación de viños elaborados nas súas adegas de Ribadavia e Petín.

Galicia Calidade certifica os produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima e o seu proceso de produción, cumpran os requisitos establecidos polo selo de garantía.