A tenda Ozoco do Carballiño é o escenario improvisado para a celebración dos obradoiros de teatro que está a impartir a actriz Josi Lage os mércores pola tarde para tódalas idades e que están abertos a todas aquelas persoas que poidan ter dotes para a interpretación e lles gustaría coñecer técnicas artísticas.
O horario fixado de asitencia para cativos e xóvenes é de 19,30 a 20,30 horas, mentres que para os maiores as clases van de 20,30 a 21,30 horas, podendo inscribirse os interesados na mesma tenda ou chamando ao teléfono 620.747.310, tendo en conta que as prazas son limitadas.
A actriz Josi Lage, oriunda da parroquia carballiñesa de Arcos, é titulada en Arte Dramático pola ESAD de Asturias e acadou o Premio Fetega á mellor actriz no ano 2012, e ademais de ser fundadora da compañía Nove-Dous dirixiu o Festival do Teatro Galego do Carballiño, e traballou nun total de 10 espectáculos dramáticos.
Con máis de 15 anos de experiencia como docente teatral, participou nas películas “Luciérnagas”, de José Luis Garci, e “Fresas amargas”, e protagonizou o filme “El secuestro”, dirigida por Esteban Roel. En televisión traballou na serie de TVE “Historias del otro lado II”, de Garci, e tamén na TVG, en “Libro de familia”, de Mariana Carballal, e “Pepe o inglés”.