O concello comprométese a buscar un local para a agrupación ASDIFICA

A asociación de Persoas con Discapacidade Física do Carballiño leva un tempo en negociacións co concello do Carballiño para a cesión dun local propio no que poder realizar as súas actividades. Co peche do Centro Sociocomunitario a causa da pandemia, quedaron sen local e agora están ubicados nun da casa consistorial de xeito provisional. Esta petición foi trasladada ó pleno polo grupo Espazo Común, no que pedían un listado das opcións dispoñibles.

Publicidade

A corporación deu o seu voto unánime a dar solución a esta problemática, loubando o traballo feito por esta agrupación. Polo momento, ante a falla de locais municipais que poidan destinarse, o goberno propuxo o aluguer dun local, que ofrecen vaia incluído dentro da subvención do concello, unha solución que non parece factible xa que a agrupación non invertiría en acondicionar un espazo que non tería titularidade propia ou municipal.