O arrollamiento dunha persoa por un tren interrompe este mediodía a circulación de trens no acceso á estación sur de Santiago, o que está a provocar o bloqueo dalgúns servizos ferroviarios no Eixo Atlántico debido a que á estación compostelá non poden chegar os trens procedentes do sur de Galicia e tampouco os trens procedentes da Coruña poden continuar máis aló da terminal santiaguesa. A
dif informaba hoxe, pasadas as 12.00h, da interrupción da circulación entre O Rixo e a bifurcación da Grandeira debido ao “accidente dunha persoa nun punto non autorizado de paso”.