Anexamos datos da conferencia que sobre o románico en Ribadavia vai ofrecer no noso salón de actos este mércores o profesor da USC David Chao. Dentro do Ciclo Xoias do Patrimonio que organiza o Campus Noroeste da UNED
Conferencia sobre o románico de Ribadavia
O profesor David Chao explicará os segredos do románico ribadaviense este mércores, ás 19:00 horas, desde o salón de actos de UNED Ourense, dentro do ciclo de conferencias do Campus Noroeste.
Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Iconografía rexia na Castela dos Trastámara (2005). Profesor do Departamento de Historia da arte da Universidade de Santaigo de Compostela forma parte do Grupo de investigación ‘Proxectos e estudos sobre o patrimonio cultural’.
En febreiro deste ano publicou na revista Muy interesante un artigo sobre a catedral de Santiago “Así era la catedral románica de Santiago que maravilló a los peregrinos del siglo XII” o cal se pode acceder no seguinte enlace:
https://www.muyinteresante.com/historia/63647.html
OURENSE, 7 de outubro de 2024. O vindeiro mércores, 9 de outubro, ás 19:00 horas, desenvolverase no Salón de Actos de UNED Ourense a conferencia do profesor David Chao Castro titulada: O románico de Ribadavia (Ourense): influencias, pervivencias, destrucións e reconstrucións na Baixa Idade Media.
Esta conferencia forma parte do ciclo organizado por lle Campus Noroeste da UNED dedicado este ano ás xoias do patrimonio das zonas onde se sitúan os 14 centros asociados. O ciclo desenvolverase desde o 8 de outubro ata o 8 de novembro e as conferencias poderán seguirse en liña ou presencialmente. Nesta ocasión, UNED Ourense volve participar ofrecendo a conferencia do profesor carballiñés que pertence á Universidade de Santiago.
Para quen queira seguir todas as conferencias, leste é o programa:
martes, 8 de outubro
19:00-19:10 h. Presentación del curso, desde UNED Pontevedra, con la participación del director del Campus Noroeste de la UNED, Víctor M. González Sánchez, y la directora de UNED Segovia, María Dolores Reina Paz. La conferencia la impartirá Inés Monteira Arias, catedrática de Historia del Arte en la UNED, quien hablará de La iglesia románica de San Millán de Segovia: mensajes e interpretaciones, desde UNED Segovia.
mércores, 9 de outubro
19:00-20:30 h. O románico de Ribadavia (Ourense): influencias, pervivencias, destrucións e reconstrucións na Baixa Idade Media, desde UNED Ourense. Impartirá o profesor David Chao Castro, da Universidade Santiago de Compostela
Jueves, 17 de octubre
· 19:00-20:30 h. Un “faro” en la Tierra de Campos zamorana: la iglesia de Santo Tomás de Villanueva del Campo, desde UNED Zamora. El ponente será Sergio Pérez Martín, profesor tutor en UNED Zamora y profesor de la Universidad de Valladolid. Doctor en Historia del Arte. Comisionado de Patrimonio de la Junta de Castilla y León.
Martes, 22 de outubro
· 19:00-20:30 h. La fábrica de Tabacos de A Coruña: edificio singular de la ciudad, desde UNED A Coruña, con la presencia de Ana María Romero Masiá, historiadora, arqueóloga y profesora.
Miércoles, 23 de outubro
· 19:00-20:30 h. El patrimonio artístico de la Universidad Laboral de Gijón, desde UNED Asturias. Hablará Miguel Ángel Álvarez Álvarez, historiador del Arte, investigador y guía turístico.
Miércoles, 30 de outubro
· 19:00-20:30 h. Lugo cuidad patrimonio, tesoro de la humanidad, desde UNED Lugo. Intervendrá Raquel Iglesias Rodríguez, coordinadora de Extensión Universitaria y profesora tutora en UNED Lugo
Vernes, 8 de novembro
· 19:00-20:30 h. Patrimonio histórico artístico da provincia de Pontevedra, desde UNED Pontevedra. Coa participación de Purificación Pérez González, profesora titora, licenciada en Xeografía e Historia, sección Historia dá Arte, especialidade Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela.
Este ciclo está dirixido a estudantes dos graos en Turismo, Humanidades, Políticas, Socioloxía, Historia da arte e en Xeografía e Historia; profesores de ensino secundario nestas materias, e persoas interesadas en ampliar coñecementos sobre a historia, a arte e o patrimonio.
O obxectivo é non só presentar unha minúscula mostra da riqueza patrimonial dalgunhas das provincias que forman o Campus, senón que os asistentes poidan, a través dalgunhas dos relatorios, coñecer as oportunidades que se presentan a nivel de premios, financiamento e os actores que interviñeron e interveñen nun asunto cada vez máis valorado polos residentes como polos visitantes.
Metodoloxía
· Presencial
· Streaming en directo. O alumno matriculado recibe a clase a través dun computador onde queira pero en datas e horario marcado. A ligazón para a conexión envíase por email, pero tamén pode descargarse dun documento de https://extension.uned.es/miespacio
· En diferido.- Unha vez finalizado o curso de maneira presencial, e despois de cada sesión, facilitarémoslle as ligazóns das gravacións (no prazo duns poucos días), no correo electrónico de matrícula do curso e no meu ESPACIO: https://extension.uned.es/miespacio (opción 1: estudiante Uned, opción 2: no estudiante UNED).
Esta é unha actividade de carácter meramente divulgativo, polo que non conleva asistencia obrigatoria nin traballos e, en consecuencia, non se emiten créditos ECTS nin certificados. Para participar en liña é necesario inscribirse picando aquí.