O Arenteiro tentará unha victoria fronte ao Nàstic en Espiñedo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O campo municipal de Espiñedo acolle o vindeiro domingo, dende as 15,30 horas, unha nova cita co fútbol na 8ª xornada da Primeira RFEF, cun interesante partido entre o Club Deportivo Arenteiro e o Gimnàstic de Tarragona. Un encontro no que o conxunto que adestra Raúl Jardiel tentará recuperar o sendeiro gañador tra-lo derrota sufrida na pasada xornada no campo de Lasesarre fronte ao Barakaldo (2-0), o primeiro traspés logo de conquerir un total de nove puntos grazas aos triunfos consecutivos ante Leonesa, Ponferradina e Xinmnástica Segoviana. Na actualidade, o equipo verde atópase no oitavo posto da clasificación do grupo 1º da categoría, con 10 puntos, dous menos cá o Nàstic, que ocupa o quinto lugar logo de empatar (2-2) no campo do Lugo na xornada anterior.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O técnico Raúl Jardiel recoñeceu que o nivel de xogo do equipo estivo máis baixo cá o acostumado ante o Barakaldo, e que tentarán recuperar fronte ao Nàstic, un conxunto moi competitivo e con xogadores con moita bagaxe tanto en defensa e como ataque, ao que o Arenteiro fará fronte seguindo a liña competitiva dos encontros anteriores.