A área de Deportes do Concello de Carballiño fixou a data deste domingo, 13 de outubro, para a celebración do ‘Día da Bici’, unha actividade que acadou a aús 19ª edición e que xuntou a máis de 200 afecionados de tódalas idades, contando coa colaboración de Máis Deporte de La Región (que repartíu camisetas conmemorativas), o Centro Comercial Aberto e o Ximnasio Kórpore, e o patrocinio da Deputación de Ourense, Gadis e Coca Cola. O punto de partida foi a praza da Veracruz, onde dende minutos antes da hora prevista para a saída, as 11,30, fóronse concentrando os participantes, entre os que se atopaba o concelleiro de Deportes, José Castro-Gil, e o propio alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.
Os ciclistas percorreron un itinerario de aproximadamente oito quilómetros de lonxitude polo casco urbano, dende a rúa Enríquez Parrondo, e o Parque municipal, cruzando as avenidas do Arenteiro, Vigo e residencial ata a localidade de Mesego, e volvendo ao punto de saída pola rúa Curros Enríquez despois dunha hora e media aproximada de duración. Ao final celebrouse unha gran festa amenizada polo DJ Tibu, co sorteo de agasallos para os participantes, entre eles catro vales de compra aportados polo Centro Comercial Aberto do Carballiño.