O delegado territorial da Xunta asiste ao acto informativo da asociación española contra o cancro en Ourense ‘o rosa é só rosa, pero contigo é apoio e investigación’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 17 de outubro de 2024.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu esta mañá a un acto informativo da Asociación Española contra o Cancro en Ourense ‘O rosa é só rosa, pero contigo é apoio e investigación’; campaña que pretende poñer de manifesto o valor da investigación, o apoio e o acompañamento das mulleres diagnosticadas con esta enfermidade e que conmemorará o Día Mundial contra o Cancro de Mama, que se leva a cabo en todo o mundo cada 19 de outubro.