Beariz convoca o seu concurso fotográfico e literario

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade ou menores con autorización legal dos país ou tutores.  O tema será calquera relacionado explícitamente con Beariz e tódalas as súas parroquias: paisaxes, xente, festas, tradición, escenas da vida cotiá, curiosidades, arquitectura, etc. O prazo de presentación será ata o 8 de agosto para o concurso literario e ata o 11 para o fotográfico, entregándose nas oficinas do concello de 9 a 14 horas. As bases completas poden consultarse na páxina web do concello de Beariz.

CONCURSO FOTOGRÁFICO DE BEARIZ 2020: As fotografías poden ser en cor ou en branco e negro. O tamaño das fotografías, non será inferior a 18×24 cm nin superior a 30x40cm. Os traballos, máximo 3 por persoa, presentaranse cada un nun sobre separado, no que figurarán os datos do participante: nome, copia do DNI, Dirección postal e correo electrónico e número de teléfono.

AVANTAR ACTIVIDADES

CONCURSO LITERARIO DE BEARIZ 2020: Os traballos deberán ser orixinais, inéditos e cunha extensión entre 4 e 12 folios. Deberán aportar unha declaración xurada de que a obra é inédita e foi composta especificamente para participar no Concurso Literario de Beariz.