A capital do Ribeiro foi onte escenario da 28ª edición do ‘Día da Bici’, un evento organizado polo Consello Municipal de Deportes coa colaboración do xornal La Región e que reuníu a máis de 200 afeccionados a esta modalidade, que percorreron un total de 10 quilómetros con saída e chegada na praza maior. O itinerario previsto levou aos participantes, entre os que se atopaba o alcalde do Concello de Ribadavia, César Fernández, polas rúas do casco urbano e o paseo fluvial do Avia ata a localidade de San Cristovo, para logo xirar e encarar o sendeiro do río Miño ata a núcleo da parroquia de Francelos e voltar pola estrada, completando o circuito en menos de dúas horas.
Os inscritos nesta actividade, pensada para promover o uso da bicicleta entre a poboación e a vida saudable, recibirion na saída unha mochila con auga e unha camiseta conmemorativa, mentres na chegada se sortearon dúas bicicletas e outros agasallos doados polo Club Ciclista do Ribeiro. A celebración deste ‘XXVIII Día da Bici’ tiña lugar onte domingo ao ser aprazada dende o pasado día 6, cando fora suspendida debido á ameaza de choiva prevista para esa data.