convocatoria e bases de selección do persoal directivo, administrativo e docente, do proxecto obradoiro dual de emprego arrieiros v, promovido polos concellos do irixo, san amaro e punxín
Convocatoria e bases de selección do persoal directivo, administrativo e docente, do proxecto Obradoiro dual de emprego “Arrieiros V”, promovido polos concellos do Irixo, San Amaro e Punxín.
Por Resolución da Alcaldía, do 17 de outubro de 2024, aprobáronse as bases que rexerán o proceso de selección do persoal directivo, administrativo e docente de apoio, do proxecto obradoiro dual de emprego “Arrieiros V”, promovido polos concellos do Irixo, San Amaro e Punxín.
- Clase de persoal: laboral temporal
- Duración: 9 meses
- Prazas convocadas: director/a, persoal administrativo e persoal docente.
- Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes aos da publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, exclusivamente na sede electrónica do Concello do Irixo.
Poderán consultar máis información e as bases específicas da convocatoria, no taboleiro de anuncios, na páxina web e na sede electrónica dos concellos do Irixo, San Amaro e Punxín.
O Irixo, 17 de outubro de 2024. A alcaldesa. Asdo.: Susana María Iglesias Nogueira.